CB ARTEIXO DUACODE 51-BASQUET CORUÑA LEYMA U11 44
Outro encontro moi irregular por parte das rapazas do CB Arteixo Duacode, que alternan grandes momentos de xogo con outros nos que o despiste é xeneralizado.
En calquer caso é de destacar o esforzó e a bóa defensa que están a facer en case que todos os partidos, e neste non foi unha excepción. Toca nos seguintes partidos recuperar a diversión, isto é só un xogo!!
Os 3 primeiros cuartos case que foron para esquecer, sobre todo no ataque, no cuarto unha leve melloría, e nos dous últimos moi cerca do nivel que poden alcanzar as xóvenes xogadoras do CB Arteixo Duacode, para rematar levando para casa unha victoria moi traballada.
Esta semán toca recuperar o encontro aprazado contra Los Rosales que se xogará o venres ás 18:45 no Pazo dos Deportes de Arteixo (Vinde a animar!! Xogamos na casa!! Esta vez si que si!!). E o sábado á mañá encontro contra Compañía de María “A”no Agra 2.
Toca desfrutar un montón do BALONCESTO!!
VALIENTES-ELEGANTES-SOLIDARIAS