Senior: Calvo Artai - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 20/12/2020 12:00 Vila de Noia-Zona Escolar - Carballo || Senior: CB Cambre - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 20/12/2020 19:00 Pavillón Sofía Toro - Cambre || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div - CB Cambre · 19/12/2020 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

A nosa historia

Atopámonos inmersos nunha nova etapa para o Club na que, despois de case que 30 anos de existencia, consideramos dende a xunta directiva que era o momento idóneo para darlle un gran xiro o Club. Sen esquecer nunca de onde vimos e quen somos, consideramos que chegou o momento de ser coñecidos e recoñecidos no noso pobo. Deste xeito lanzámonos á promoción do baloncesto nas clases de educación física dos diferentes institutos e colexios de Arteixo.

Tamén reactivamos as nosas redes sociais e creamos a nova WEB do C.B. Arteixo, cun continuo bulir de novas, tanto dos nosos xogadores e xogadoras coma de outras novas relacionadas con noso deporte.

Creemos nembargante, que isto non é dabondo, e pretendemos tamén ter visibilidade nos diferentes negocios da vila, que sexa a propia xente do pobo a que se sinta orgullosa de ter un club como o noso.

Queremos darvos a benvida a todos á gran familia do C.B.Arteixo.



Nacemento do clube

O Clube sempre pretendiu dende o seu nacemento alá polo ano 1990 o desenrolo do baloncesto feminino e masculino sen distincións, dentro do ámbito do Concello de Arteixo.


Actualidade

As máis de 100 licencias repartidas en máis de 10 equipos, xunto co traballo semanal nos colexios, converte o C.B. Arteixo nun referente da comarca.

Valores do noso proxecto

  • Carácter fundamentalmente educativo baseado no eixo RESPETO-DIVERSIÓN-MÁXIMA ESIXENCIA.
  • Prima-lo xogo por riba do resultado.
  • Fomenta-las actitudes de cooperación dentro dos equipos.
  • Promover actitudes de respecto ante o adversario, árbitros, e demais intervintes no desenvolvemento dos encontros e adestramentos.
  • Estimular a autosuperación e a autoestima.
  • Favorece-las actitudes responsables no cumprimento das normas.

Cooperación

Valor social

Respecto

Valor social

Responsabilidade

Valor persoal

Diversión

Valor persoal

Autosuperación

Valor persoal

Xunta directiva

Presidente

Francisco Lozano

Tesoureiro

Iván García

Secretario

Germán Lozano

Vocal

Daniel Fraga

Vocal

Víctor García

As nosas instalacións

Temos o gran pracer de disfrutar do Pazo dos Deportes de Arteixo, un dos recintos deportivos de referencia da provincia.



Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.