Sénior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª 42-62 CB Celtas CCA Foz · 26/01/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Sénior: Moneyball Galiwood 59-36 CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª · 26/01/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: Santo Domingo Betanzos 62-34 CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª · 26/01/2019 10:00 Municipal - Betanzos || Cadete: Gestoría Queijo Basket Xiria 37-35 CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª · 26/01/2019 10:00 Pavillón Bergantiños - Carballo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª 34-85 Basquet Coruña U15 · 27/01/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª - Calasancias · 25/01/2019 19:30 Pazo dos Deportes - Arteixo || Preminibasquet: CB Arteixo Duacode Benxamín Mixto 57-27 Franciscanos Coruña · 26/01/2019 09:30 Pavillón Agra II Pista 3 - A Coruña

UNHA BALA MENOS NO CARGADOR

Senior 2ª
1 Marzo 2018
UNHA BALA MENOS NO CARGADOR

AX SAGRADO CORAZÓN 73, CB ARTEIXO DUACODE 67

(14-16, 17-12, 17-14, 25-25)


ANOTADORES: OCAMPOS 6, CONCHADO 7, COCHÓN 19, ANTELO 11, ANDRÉS 12, JESÚS 7, GABI 2, ROBER 3, MIGUEL, NACHO E LUÍS. NON ASISTIU O ENCONTRO POR TEMA LABORAL RAMÓN.


Inicio de encontro un tanto irregular por parte dos dous conxuntos, aínda que os locáis xa ían amosando onde pretendían facer dano os de Arteixo cargando moito o xogo no seus homes interiores, e así foi, todas a canastras dos lucense chegaban dende a pintura ante a pouca intensidade dos visitantes.
No segundo caurto amosaba que o encontro podía transcorrer por outros derroteiros, pero novamente 7 puntos consecutivos dende a pintura poñían por diante os do Sagrado, e facían inútil o bo xogo en 5x5 dos de Arteixo. Ademáis unha tripla sobre a bucina afondaba máis na ferida dos de Iván García.
Tras o descanso os do CB Arteixo Duacode subiron liñas e puxeron moita máis intensidade pero os problemas que se vían no principio do encontro no rebote defensivo foron a máis, ata catro veces chegaron a tirar os de Lugo en algún ataque…
No cuarto definitivo os arteixáns fixeron de todo para levarse a victoria, ata anotar 25 puntos, pero outra vez o rebote defensivo e o acerto no tiro libre dos locáis fixeron o resto, para que os do CB Arteixo Duacode acadaran unha nova derrota.
Pese a mala segunda volta que están xogando os arteixáns seguen con as opción intactas por entrar no grupo dos que loitarán polo ascenso. O vindeiro sábado na sempre difícil cancha de Peletiro terán a última oportunidade para acadar o obxectivo, cunha victoria pola mínima estará feito.
Vamos Arteixo!! Todos xuntos podemos conseguilo!!


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.