Sénior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª 42-62 CB Celtas CCA Foz · 26/01/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Sénior: Moneyball Galiwood 59-36 CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª · 26/01/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: Santo Domingo Betanzos 62-34 CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª · 26/01/2019 10:00 Municipal - Betanzos || Cadete: Gestoría Queijo Basket Xiria 37-35 CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª · 26/01/2019 10:00 Pavillón Bergantiños - Carballo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª 34-85 Basquet Coruña U15 · 27/01/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª - Calasancias · 25/01/2019 19:30 Pazo dos Deportes - Arteixo || Preminibasquet: CB Arteixo Duacode Benxamín Mixto 57-27 Franciscanos Coruña · 26/01/2019 09:30 Pavillón Agra II Pista 3 - A Coruña

VICTORIA CLARA

Junior Masculino
6 Marzo 2018
VICTORIA CLARA
VICTORIA CLARA

CB ARTEIXO DUACODE 58-34 BASQUET CORUÑA U18/17

(21-14)8-3)(16-6)(13-11)

O partido empezou con dúas canastras triplas dos coruñeses diante da pasividade da defensa que sempre ía chegando tarde a defender os tiros, as recepcións de balón e case que tódalas situacións. No ataque non ían as cousas moito mellor, moita lentitude no movimento tanto dos xogadores como do balón e o marcador mantense igualado. A partires dun tempo morto local, mellora a rotación do balón e acaba o cuarto cun parcial favorable de 21-14.

O segundo cuarto ofrece os peores momentos en canto a anotación, os erros vanse sucedendo nos ataques e o resultado parcial reflicte o acontecido. O mellor do cuarto é que non se recibe ningunha canastra en xogo.

Despois do descanso volve o mellor xogo do partido para os nosos, serios na defensa e no rebote, permitido só 6 puntos, e atacando con máis agresividade e intensidade, ainda que fallando varios tiros cómodos.

No último cuarto, con máis de 20 puntos de distancia, xa se relaxa un pouco o xogo e o marcador non se move moito. Pero xa a victoria non corre perigo.

Destacar o debút de Enzo do equipo cadete con unha moi boa participación.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.