Senior: Calvo Artai - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 20/12/2020 12:00 Vila de Noia-Zona Escolar - Carballo || Senior: CB Cambre - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 20/12/2020 19:00 Pavillón Sofía Toro - Cambre || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div - CB Cambre · 19/12/2020 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

NIN DEFENSA NIN ACERTO

Senior 2ª
7 Marzo 2018
NIN DEFENSA NIN ACERTO

PELETEIRO 78-CB ARTEIXO DUACODE 56

(27-15)(22-13)(12-15)(17-13)


ANOTADORES: DANI 10, ANTELO 6, JESÚS 12, ANDRÉS 18, GABI 2, CONCHADO 7, OCAMPOS 1, LUÍS, MIGUEL, ROBER, RAMÓN E NACHO.


Por onde comezar….realmente teríamos que remontarnos a antes do Nadal, pero non nos imos a ir tan lonxe para non aburrir ó lector…
O encontro comezou coma tantos outros cunha mala defensa tanto dos xogadores interiores coma dos exteriores, os arteixáns non eran quen de aguantar ningún 1x1. Deste xeito os santiagueses marcharon ata os 27 puntos neste periodo. Os nosos non o fixeron mal con 15 puntos anotados, aínda que todo eran acción individuais.
O segundo cuarto non trouxo nada mellor para deixar a diferenza o descanso en 21 puntos de diferenza.
No descanso falouse de que a tempada tocaba o seu fin se non se daba un pasiño o frente, e polo menos se deixaba na pista ó máximo que este equipo ten.
E así foi, empezouse a contactar contra os riváis, xa non lles era tan doado anotar canasta, e o ataque, bueno, o ataque facía o que podía.
No último cuarto as cousas voltaron o de antes do descanso, xa que pouco a pouco os santiagueses foron recuperando o acerto e os de Arteixo baixando os brazos.
O resumo faise de maneira sinxela: se nun encontro no que estaste a xogar a vida encaixas 27 puntos no primeiro cuarto e durante o encontro erras 21 tiros libres, o resultado só pode ser DERROTA asegurada.
E agora si que falta a última bala, ainda que case sería unha milagre… o CB Arteixo Duacode ten que gañar na casa este sábado ó líder Caferlo Viveiro, e que o Celtas de Foz perda na casa contra Becerreá.
Por si acasaso… nos a facer o noso traballo e todos ó Pazo o sábado ás 6 a desfrutar do baloncesto.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.