Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

UN PARTIDO QUE SE DECIDIU NO ÚLTIMO MINUTO

Senior 3ª
23 Xaneiro 2018
UN PARTIDO QUE SE DECIDIU NO ÚLTIMO MINUTO

CBARTEIXO DUACODE 47 - BASKET CORUÑA S 50

O partido xa comezaba complicado xa que a colexial expulsou ao adestrador local a falta de 3 minutos de comezar o partido, os mandos do equipo estiberon a mandos dos capitáns Víctor García e Daniel Fraga.

Pese o "shock" os xogadores entraron moi serios no partido, con ataques fluídos e grandes defensas, pero deixaron demasiadas segundas oportunidades tras o rebote e malas decisións cara o final do cuarto fronte a zona do rival. Ainda así os arteixans foron ao descanso gañando de 4 puntos.

Tras os 10 minutos de descanso os nosos non xogaron con paciencia no ataque, xa que varios ataques acabaron en pérdas de balón.Tras un tempo morto as cousas volveron a fluir ainda que os tiros non entraban solucionouse os erros no rebote.

No último cuarto os nosos centraronse na defensa e como no ataque local non se anotaba, cada punto era moi determinante.Un triple dos arteixans deixaba a ventaxa de 2 puntos a falta de 1:30 de partido, e tras una gran defensa veu o peor, un triple no último segundo de posesión,e na seguinte defensa concedeuse outros 2 puntos que pesaron demasiado no marcador,tras un tempo morto local os nosos erraron o pase que lles permitiu aos Coruñeses levar a victoria.

¡¡¡A seguir traballando e pelexando todos os partidos rapaces!!!

 

 

 

 

 


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.