CB ARTEIXO DUACODE 38-42 BALONCESTO CAMBRE
(10-12)(3-13)(15-10)(10-7)
Primeiro cuarto igualado, con pouca anotación para o que adoitan facer os dous equipos. Moitos erros dos nosos en finalizacións cerca do aro, pero os visitantes tampouco ven aro con facilidade.
Pero no segundo cuarto, o acerto baixa, a precipitación no ataque e a apatía na defensa e o rebote propician que os de Cambre collan 12 puntos de distancia.
Toca outra vez (e van...) remontar. E o principio do terceiro cuarto é esperanzador. Aumenta a actividade e a intensidade, recupéranse varios balóns e a diferencia baixa a 3 puntos na metade do cuarto. Os visitantes aséntanse e o xogo iguálase, acabando o cuarto con 7 puntos para os cambreses.
No último cuarto a igualdade é máxima, recórtase un pouco máis pero os de Marcos son quen de aguantar e levarse a victoria.