Sénior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª 42-62 CB Celtas CCA Foz · 26/01/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Sénior: Moneyball Galiwood 59-36 CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª · 26/01/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: Santo Domingo Betanzos 62-34 CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª · 26/01/2019 10:00 Municipal - Betanzos || Cadete: Gestoría Queijo Basket Xiria 37-35 CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª · 26/01/2019 10:00 Pavillón Bergantiños - Carballo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª 34-85 Basquet Coruña U15 · 27/01/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª - Calasancias · 25/01/2019 19:30 Pazo dos Deportes - Arteixo || Preminibasquet: CB Arteixo Duacode Benxamín Mixto 57-27 Franciscanos Coruña · 26/01/2019 09:30 Pavillón Agra II Pista 3 - A Coruña

DERROTA DESPOIS DE UNHA BOA PRIMEIRA PARTE

Junior Masculino
20 Febreiro 2018
DERROTA DESPOIS DE UNHA BOA PRIMEIRA PARTE
DERROTA DESPOIS DE UNHA BOA PRIMEIRA PARTE DERROTA DESPOIS DE UNHA BOA PRIMEIRA PARTE

CB ARTEIXO DUACODE 45-48 BASQUET CORUÑA U18

(12-2)(11-11)(9-10)(13-25)

Bo comezo de partido, con boas situacións no ataque. E os de Roberto Rivera non teñen acerto de cara ó aro e acadamos unha boa vantaxe para rematar o cuarto.

No segundo cuarto os visitantes xa non erran tanto e iguálase a anotación deste cuarto, pero segue a vantaxe nos 10 puntos chegado o descanso. O xogo non é bo por ningunha das dúas partes, pero somos quen de manteer a distancia.

O terceiro período vai igual que o anterior, pero non se anota con fuidez e parece que a distancia vai ser difícil de superar para os coruñeses.

Pero chegamos ó último cuarto e os coruñeses soben a intensidade defensiva, presionando a toda pista e provocando que os nosos empecen a dubidar e a precipitarse perdendo balóns e concedendo canastras doadas. Á vez que os visitantes van collendo confianza, os nosos vana perdendo e Basquet Coruña ponse por diante no marcador. Nos últimos minutos, carrusel de tiros libres e victoria para os coruñeses.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.