SANTO DOMINGO DE BETANZOS “B” 58-CB ARTEIXO DUACODE 66 (9-16, 18-20, 13-13, 18-17)
Inicio de encontro moi frouxo por parte dos dous conxuntos, con pouca intensidade e un xogo moi pobre no ataque. Sen embargo pouco a pouco os de Arteixo foron axustando a súa defensa e cun par de roubos de balón consecutivos conseguían acadar as primeiras ventaxas no marcador.
No segundo cuarto os locáis comezaron a ter máis acerto no ataque o que igualou o xogo un chisco, sen embargo no marcador a ventaxa ampliouse en dous puntos máis, xa que os visitantes tamén melloraron no ataque movendo ben o balón no perímetro e xogando bos balóns os postes.
Tras o descanso o partido voltou a ser moi espeso, coas defensas impoñéndose os ataque, aínda así o CB Arteixo Duacode ameazaba con rachar o encontro con ventaxas no luminoso que rondaban os 15 puntos. Un pequeno arreón final dos betanceiros deixaba as cousas en 9 puntos a prol dos visitantes, e o partido ben encarrilado para o periodo definitivo.
No último periodo todo trascorría polo guión que levou o encotro, cos De Arteixo controlando o xogo en todo momento con ventaxas que voltaron a estar en torno os 13 puntos, pero de súpeto todo cambiou, o típico apagón de tódolos encontros chegaba no peor momento cando case non hay marxe para recuperar. Os de Betanzos subiron as liñas de presión e recuperaron varios balón, tamén estiveron acertados nas triplas e fixeron un parcial de 10 a 0 que deixaba todo aberto para os intres fináis, onde os de Arteixo recuperaron a boa circulación de balón en ataque e o espírito defensivo para trae para casa una nova victoria, demostrando una vez máis que este conxunto ten carácter.
Péchase o ano cun balance de 7 victorias e 2 derrotas e no segundo posto da clasificación do grupo norte, ben colocados para entrar no grupo que deberá loitar polo ascenso.
ANOTADORES: OCAMPOS 12, CONCHADO 16, JESÚS 16, RAMÓN 2, GABI 12, LUÍS 8, ANTELO E ROBER. NON ASISTIRON O ENCONTRO POR DIFERENTES PROBLEMAS NACHO, MIGUEL E DANI.