Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

GRAN TRABALLO DE EQUIPO

Alevín Femenino
7 Marzo 2018
GRAN TRABALLO DE EQUIPO

CB ARTEIXO DUACODE 42- LOS ROSALES EMILIA PARDO BAZÁN 39


Encontro aprazado o que se xogou na tarde do venres no Pazo dos deportes de Arteixo. Todo apuntaba a unha xonarda de moita ledicia coa grada chea de país e nais dispostos a desfrutar do baloncesto, pero nada máis comezar o partido a nosa Carla torceu un nocello, e o ambiente xelouse por momentos.
Tras os primeiros intres de desconcerto o resto de xogadoras redobraron esforzos e comezaron a xogar coma un equipo.
Sabela a defender a tope, Xoana reboteando nos dous aros, Marta axudando a subir o balón, Andrea organizando e anotando, Scarlett pelexando por todos os balóns coma si foran o último, Graciela anotando alguna canasta importante, Antía atacando de maravilla o aro rival e Zeltia axudando en todas a facetas do xogo.
Pouco a pouco entre todas foron igualando o xogo con moito esforzo para terminar gañando un partido moi difícil e poideron brindarlle a victoria a Carla que permanecía co pe en alto no banquiño.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.