Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

Derrota nun partido que se decidui no último cuarto

Junior Masculino
24 Xaneiro 2018
Derrota nun partido que se decidui no último cuarto
Derrota nun partido que se decidui no último cuarto

CB Arteixo DUACODE 45-50 Santo Domingo Betanzos

Parciais: 10-10, 13-5, 9-10, 13-25

Empezou mal o partido para os nosos, pouca concentración, nulo movimento dos xogadores, despistes na defensa, ... e os visitantes (segundos na clasificación) aproveitano e anotan fácil poñéndose 0-7 no marcador. Mellora a concentración do equipo e ó final do cuarto chega a empatar o marcador.

No segundo cuarto, segue a concentración dos nosos xogadores e, ainda que non se anota con facildade, a defensa e a falta de acerto visitante, ponnos por diante no marcador. Iso sí, cun "pobre" 23-15.

No terceiro cuarto segue a igualdade, pero tamén segue a falta de acerto de cara a canastra por parte dos dous equipos, pero a vantaxe no marcador é para o noso equipo que a vai mantendo en torno ós 7 puntos ata chegar ó final do cuarto.

No último cuarto, os visitantes soben as liñas defensivas e empezan a recuperar balóns e a anotar en situacións doadas e, cando non é así, acadan boas situacións cerca do aro e no rebote de ataque e, pouco a pouco, van recortando ata poñerse por diente. Á vez os nosos xogadores van perdendo a confianza e os erros vanse sucedendo ata o final do partido e, ainda que o esforzo e grande, xa non da tempo a voltar a meterse no partido.

 


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.