CB ARTEIXO DUACODE 69-CB BECERREÁ 49
(10-9, 20-16, 23-18, 16-6)
Inicio de encontro moi igualado, cun ritmo de xogo moi lento e pouco acerto por parte dos dous conxuntos, os locáis adaptábanse perfectamente ó xogo que propoñían os lucenses, o que non beneficiaba nada os xogadores de Iván García.
Tras o primeiro parón o ritmo anotador foi subindo, pero por parte dos dous conxuntos que comezaron a anotar con asiduidade, aínda que os locáis continuaban amosando un preocupante desacerto dende a liña de 3 puntos que xa arrastraban do encontro anterior.
Tras o descanso apareceron os mellores momentos en ataque por parte dos do CB Arteixo Duacode cun xogo moi fluido en ataque, agora si acertando tamén nas triplas, e defendendo con intennsidade. Semellaba que o partido ía a quedar finiquitado, sen embargo cara o final do cuarto chegou a relaxación que foi moi ben aprobeitada polos visitantes para colocarse a 6 puntos de ventaxa.
No cuarto definitivo voltou a intensidade dos arteixáns que finalmente non deixaron lugar a sorpresa para levar unha cómoda victoria.
A vndeira xornada os de Arteixo visitan o Celtas de Foz nun encontro que pode ser decisivo para a clasificación final.
ANOTADORES: JESÚS 24, OCAMPOS 13, CONCHADO 16, RAMÓN 7, NACHO 2, LUÍS 2, ANDRÉS 5, MIGUEL E ROBER. NON ASISTIRON O ENCONTRO POR DIFERENTES MOTIVOS GABI, COCHÓN E ANTELO.