Senior: Calvo Artai - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 20/12/2020 12:00 Vila de Noia-Zona Escolar - Carballo || Senior: CB Cambre - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 20/12/2020 19:00 Pavillón Sofía Toro - Cambre || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div - CB Cambre · 19/12/2020 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

Victoria sobre a bocina

Junior Masculino
6 Febreiro 2018
Victoria sobre a bocina
Victoria sobre a bocina Victoria sobre a bocina Victoria sobre a bocina

CB Arteixo DUACODE 62-60 Baloncesto Cambre

15-17, 12-9, 14-19, 21-15

O partido empezou moi ben para os nosos con tres triplas nos catro primeiros ataques despois de mover ben o balón buscando o compañeiro mellor situado. Pero pouco a pouco os cambreses vanse asentando e os nosos empezan a abusar do triple e xa non hai o acerto do principio. Os visitantes acaban o cuarto por diante por 2 puntos.

O segundo cuarto vai igualado, móvese ben o balón contra a defensa visitante pero varios erros debaixo do aro non permiten anotar e aumentar a distancia no marcador. Aínda así, recupérase a dianteira no marcador ó chegar ó descanso.

Despois do parón segue a igualdade, pero agora son os visitantes os que recuperan o mando no marcador anotando cerca do aro aproveitando o rebote de ataque. Ó final do cuarto, 5 puntos arriba para os de Cambre.

No último cuarto, apretan os locais e chegan a poñerse 7 puntos arriba que parecen decantar o partido. Pero nada máis lonxe da realidade, unha perda de balón con falta antideportiva e unha tripla posterior volven a igualar o partido. A falta de 15 segundos, 2 arriba para os locais e ataque para os visitantes con saque lateral. Despiste dos nosos e tripla que coloca 1 arriba os de Cambre a falta de case 3 segundos. Tempo morto e ataque que acaba cunha tripla a taboleiro que nos da a victoria.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.