Senior: Santo Domingo Betanzos B - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª · 20/01/2019 19:00 Pavillón Municipal - Betanzos || Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - CB Laracha M3 · 18/01/2019 21:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Maristas Coruña · 20/01/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª - Carballo a un Paso Artai EBX · 19/01/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª - Top Quality Cars Cambre · 20/01/2019 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: Santa María del Mar - CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª · 19/01/2019 10:00 Colexio Santa María del Mar - A Coruña || Infantil: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 19/01/2019 18:00 PavillónLos Rosales - A Coruña || Infantil: Maristas Champagnat - CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª · 20/01/2019 16:00 Colexio Maristas - A Coruña || Alevín: Jesuitinas - CB Arteixo Duacode Alevín Feminino · 19/01/2019 19:15 Pavillón Agra II Pista 2 - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín Masculino - Jesuitinas C · 19/01/2019 17:45 Pavillón Agra II Pista 1 - A Coruña

VICTORIA GRAZAS A UNHA GRAN DEFENSA

Cadete Masculino
25 Marzo 2018
VICTORIA GRAZAS A UNHA GRAN DEFENSA
VICTORIA GRAZAS A UNHA GRAN DEFENSA

BASQUET CORUÑA U15 51-58 CB ARTEIXO DUACODE

15-10, 10-13, 17-10, 9-25

O partido non emperzou ben para o equipo, a presión dos xogadores de Basquet Coruña provoca que os nosos xogadores cometan moitas perdas producidas pola precipitación no ataque, á vez a nosa defensa e  frouxa o que provoca que os locais manden no marcador.

No segundo cuarto, xa con máis calma, imos recuperando terreo pero non somos quen de poñernos por diante no marcador.

No terceiro cuarto, unha mala saída con 7-0 permite que os coruñeses acaden unha boa vantaxe. A defensa permisiva e outra vez as perdas de balón deixan que os locais dominen o ritmo e o marcador con claridade. Pero, despois de un tempo morto, a actitude e a intensidade cambian por completo. Empezamos a defender as liñas de pase e a forte defensa ao xogador con balón fan que o xogo se iguale e os de Basquet Coruña xa non xoguen cómodos. O marcador do cuarto iguálase, pero aínda así imos ao final do cuarto con 9 puntos abaixo.

O último cuarto empeza ca mesma actitude defensiva que o final do anterior. Os xogadores traballan en cada defensa como se fora a última, chegando a tódolos sitios. Isto actívanos no ataque e fainos xogar con moita determinación e intensidade. Pouco a pouco imos recortando a distancia para empatar primeiro e irnos despegando despois ata acadar unha victoria moi traballada.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.