COMPAÑÍA DE MARÍA 72-CB ARTEIXO DUACODE 54 (14-12, 15-15, 16-12, 27-15)
Inicio de encontro moi interesante por parte dos dous conxuntos, tratando de impoñer o seu xogo, con alternancia no dominio do mesmo.
No segundo cuarto os locáis ameazaron con marchar un chisco no marcador pero dúas boas defensas dos do CB Arteixo Duacode con dúas bandexas en 1x0 deixaban as cousa igualadas de novo, para chegar o descanso con só dous puntos de ventaxa para os santiagueses.
Tras o descanso o encontro era moi similar o da primeira parte, pero o desacerto no tiro exterior por parte dos arteixáns comezaba a ser preocupante (rematarían o encontro cun lamentable 2 de 20 na tripla). Os locáis cada vez pechaban máis a zona e os de Arteixo non atopaban o camiño o aro.
No periodo definitivo as sensación ofensivas non melloraron, e ademáis os xogadores visitantes comezaron a estar máis pendiente da parella arbitral que do que tiñan que facer na pista, o que fixo que marcharan completamente do partido, permitindo que os de Santiago anotaran neste cuarto 27 puntos, e terminaran levando unha sinxela victoria.
ANOTADORES: JESÚS 8, COCHÓN 14, CONCHADO 6, GABI 4, RAMÓN 4, ANDRÉS 13, ROBER 3, OCAMPOS 2 Y MIGUEL. NON ASISTIRON O ENCONTRO NACHO E ANTELO POR DIFERENTES PROBLEMAS.