CB ARTEIXO DUACODE 27-PONTUMIO ÓPTICA TABORDA 68
(2-25, 11-15, 8-18, 6-10)
Presentábase o partido moi complicado para as locáis que perderan na ida dunha diferenza de 100 puntos contra o mellor conxunto desta primeira fase, e con baixas importantes no plantel, e o inicio de encontro fixo presaxiar o peor, cun parcial de inicio escandaloso (o adestrador local xa agotara os 2 tempos mortos nos primeiros 4 minutos), pero a pesar dese parcial do primeiro cuarto o encontro foi outro ben diferente.
No segundo periodo as locáis sairon moito máis centradas cometendo poucos erros no pase e xogando con criterio no ataque, así mesmo complicaban moito as eumesas a hora de anotar.
Tras o descanso as cousas descorreron polo mesmo camino, cun partido que era partido, e iso é o mellor que se pode decir de xogar cun equipo de ese nivel.
Ainda que as diferenzas no pararon de medrar as locáis foron quen de competir de maneira sobresaínte, para deixar a diferenza no marcador na metade de puntos do partido de ida.
Norabóa as rapazas do CB Arteixo Duacode polo seu esforzo e a súa progresión.