Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

UN INICIO DESASTROSO CONDENA AS DO CB ARTEIXO DUACODE

Cadete Feminino
8 Marzo 2018
UN INICIO DESASTROSO CONDENA AS DO CB ARTEIXO DUACODE

CB LARACHA CENTRO BUCODENTAL 45-CB ARTEIXO DUACODE 28

(10-0, 8-7, 9-7, 18-14)


Mal, moi mal encontro das rapazas de Arteixo, que sairon á pista moi despistadas e moi desacertadas. Na defensa ían trampeando máis por gañas que por acertos, pero no ataque a desorganización era a nota dominante.
Pouco a pouco foron recuperando sensacións, para ir paulatinamente igualando o partido, pero sempre máis dende o esforzo que dende o bo xogo.
Ó descanso as diferenzas estaban en 11 puntos que visto o visto era o mellor de todo.
Tras o descanso as Arteixáns melloraron moito pero agora apareceu o desacerto total, bóas accións remataban coas xogadoras do CB Arteixo Duacode sóas preto do aro pero non eran quen de anotar.
No último cuarto e con todo xa resolto a relaxación na defensa apareceu (as de A Laracha anotaron 18 puntos) e ainda que con mal xogo as visitantes estiveron un pouco máis acertadas no tiro.
Derrota dura (polo xogo) pero xa sabedes: unas veces gáñase e outras apréndese!!


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.