SANTA MARÍA DEL MAR 22-CB ARTEIXO DUACODE 54
(12-15)(4-14)(2-15)(2-10)
Comenzo de encontro moi igualado por parte dos dous conxuntos, cada un xogando con as súas armas , as de Arteixo tratando de sair rápido ó contraaque e as colexiais tratando de imprimir un ritmo máis lento.
Tras o primeiro parón o xogo comezou a decantarse do lado das do CB Arteixo Duacode, que axustaron moi ben a súa defensa e seguiron a xogar cun ritmo alto para ir pouco a pouco marchando no marcador.
No terceiro cuarto o ritmo de xogo comezou a ser máis lento, pero o xogo en ataque posicional mellorou moito, tratando de mover o balón con paciencia en moitos momentos do encontro ante a zona proposta polas coruñesas, a defensa seguía a ser moi boa e manteríase ata o final do mesmo.
No periodo definitivo con todo decidido, o ataque das arteixáns cometeu moitos erros no tiro, ainda que en ningún momento se perdeu a concentración.
Bo resultado e bo xogo por parte das xogadoras de Iván García que reciben este fin de semana o Uni Ferrol no Pazo dos Deportes de Arteixo a partires das 16 horas no que será o último encontro da primeira fase.