Senior: Calvo Artai - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 20/12/2020 12:00 Vila de Noia-Zona Escolar - Carballo || Senior: CB Cambre - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 20/12/2020 19:00 Pavillón Sofía Toro - Cambre || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div - CB Cambre · 19/12/2020 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

TORNEO DO CLUB PORTA XI ENSINO

19 Febreiro 2018
TORNEO DO CLUB PORTA XI ENSINO
TORNEO DO CLUB PORTA XI ENSINO

Tiña pinta que sería unha experiencia inesquencible, pero superáronse tódalas expectativas…
Partíamos cara lugo 21 arteixáns e 11 coruñeses, alevín masculino e feminino do club e o equipo infantil feminino de Basquet Coruña dirixido polo noso queridísimo Larry.
Dende o principio notouse que as grandes animadoras no bus serían as nosas compañeiras da Coruña que ben cedo comezaron a cantar, con máis entusiasmo que acerto, se decimos a verdade. Os nosos moi tranquilos de inicio, iso si, ocupando os asentos do final do bus na súa totalidade.
Despois de unha hora e cuarto de viaxe sen maiores contratempos producíase a chegada a cidade Lugo, bueno un pequeno contratempo si que houbo, xa que algún non aguantaba máis e tivemos que parar na entrada do polígono do Ceao…
Con todo en orde chegábamos ó cole de Galén para xogar os nosos primerios partidos, aquí un dos nosos adestradores comezou a emocionarse polos recordos que lle viña a cabeza ó pensar que nese cole fixo unha parte moi importante da súa formación coma adestrador, pero as emocións no rematarían ahí…
Xa dende a banda podemos ver os primeiros encontros da tarde mentras que comíamos algo para estar fortes nos que nos tocaría xogar despois.
Neses encontros os nosos xogaron ben, aínda que os nervos de estar tan lonxe da casa e a viaxe pasaban factura, pouco máis que dicir, diversión e bo xogo a cachos tanto para os rapaces coma para as rapazas. Nestes momentos xa non estabamos coas rapazas de Basquet Coruña que xogaban o seu primero encontro a uns kilómetros de distancia no Pazo dos Deportes.
Tras os encontros e unha boa ducha tocaba repoñer forzas na Residencia Abeiro, e veña recordos para un dos nosos (que pesadiño se poñía…). A comida moi ben, macarróns gratinados e polo con patacas fritidas, algún comeu de máis…
Cos bandullos cheos tocaba situarse no colexio de xordos para pasar a noite en boa compaña.
De primeiras algún que outro estaba un pouco nervioso, sobre todo ó comprobar que non estábamos sós…un tal Álvaro tiña habitación ó noso lado, algunha tivo pesadelos durante media noite… pero pouco a pouco, e con todos xa aparcados nas súas habitacións parecía que comezaba a tranquilidade, pero non!! Comezaron as carreiras polos pasillos, algún que outro xogo, bueno, todo dentro da normalidade. As primeiras en meterse a durmir as nosas compañeiras de Basquet Coruña que o día seguinte tiñan que madrugar. O noso Larry levantouse as 7:30, coma nos prestaron esas 2 horiñas que durmimos de máis!!
A noite foi moi tranquila, quizá os máis festeiros os 3 adestradores que estiveron de leria (e vixilancia) ata as 2 da mañá contando anécdotas e botando unas risas, síntoo pero non se poden contar…
Pola mañán, uns un pouco antes e outros un pouco despois fomonos erguendo das camas pero a sorpresa foi inmensa, estaba a nevar!! Pero bueno, semellaba que serían unas poucas folerpas e nada máis, pero que va! Cada vez nevaba máis. Ver a cara dos rapaces e rapazas do CB Arteixo Duacode foi do mellor do Torneo, flipados quedaron mirando pola ventá…

Tocaba recoller todo e baixar á rúa, e ahí xa foi o espectáculo total, os arteixáns pasaron a ser incontrolables, as primeiras bolas de neve comezaron a voar e as caras coas folerpas baixando polo rostro dos nosos eran de foto…
Chegada a cafetería As Pedreiras para almorzar, colacao para case todos, croisants, napolitanas, plátanos, non estivo nada mal!!
Saída a explanada do Pazo, cambio de calzado e de novo a xogar coa neve, como o pasaron!!
Voltamos o baloncesto, as rapazas xogaron contra un equipo punteiro de liga galega o BBCA ferrolán e competiron de maravilla pero a victoria caeu de lado das de Ferrol, xogarían por tanto polo terceiro posto.
Mentras tanto os rapaces gañaban o seu segundo encotro do torneo e xogarían a FINAL!!
Outra vez a repoñer forzas, un picnic coma é debido con bocatas, froita, auga e kitkat.
Por último tocaba xogar os encontros definitivos, neste caso foron os rapaces os que xogaron cun super equipo o Compañía de María de Santiago, pero que ben o fixeron! E segundos do torneo, nada menos!
As rapazas tiveron mellor sorte e poideron quedar definitivamente terceiras.
Xa só quedaba esperar á entrega de trofeos, onde a nosa Carla en representación do CB Arteixo Duacode recolleu o trofeo que nos acreditaba coma participantes no Torneo.
Tamén tivemos a sorpresa de que Mario e Xoana entraban nos quintetos ideais na súa categoría.
Despois de que un dos nosos adestradores se despedira de medio pavillón (que pesadilla de tío…jajaaja) emprendemos a viaxe de volta un pelín cansos pero moi satisfeitos dunha fin de semana inesquecible.
No bus si pensabamos en comezar co descanso non pudo ser, as festeiras das rapazas de Básquet Coruña comezaron con cánticos que amenizaron a viaxe de volta.
Preto das 22 horas chegaba a expedición ó Pazo de Arteixo onde agardaban ansioso os país e nais por ver de novo os seus fillos.
So queda dar as grazas o Club Pota XI Ensino pola invitación e o trato dispensado.
Grazas tamén os rapaces e rapazas do CB Arteixo Duacode polo comportamento durante o Torneo (con alguna cousiña…).
Grazas o club Basquet Coruña por asistir con nos o Torneo, e polo seu comportamento, tanto no bus coma pola noite. Moi majas as rapazas! Temos que repetir!


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.