Sénior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª 42-62 CB Celtas CCA Foz · 26/01/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Sénior: Moneyball Galiwood 59-36 CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª · 26/01/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: Santo Domingo Betanzos 62-34 CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª · 26/01/2019 10:00 Municipal - Betanzos || Cadete: Gestoría Queijo Basket Xiria 37-35 CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª · 26/01/2019 10:00 Pavillón Bergantiños - Carballo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª 34-85 Basquet Coruña U15 · 27/01/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª - Calasancias · 25/01/2019 19:30 Pazo dos Deportes - Arteixo || Preminibasquet: CB Arteixo Duacode Benxamín Mixto 57-27 Franciscanos Coruña · 26/01/2019 09:30 Pavillón Agra II Pista 3 - A Coruña

TERCEIRA VICTORIA CONSECUTIVA PARA AS RAPAZAS DO CADETE

Cadete Feminino
28 Novembro 2017
TERCEIRA VICTORIA CONSECUTIVA PARA AS RAPAZAS DO CADETE

CB ARTEIXO DUACODE 43-BALONCESTO CAMBRE 33

(10-9, 10-12, 17-4, 6-8)

 

Inicio de encontro moi igualado onde as locáis non eran quen de controlar o rebote defensivo e as de Cambre dispoñían en cada ataque de tres e catro opcións decanastra, o que impedía que as locáis poideran correr ó contraataque.

No segundo periodo as cousas descorreron polo mesmo camiño de mala defensa e sen pechar o rebote defensivo, deste xeito as visitantes marcharon cun punto de ventaxa o descanso.

Tras o intermedio as locáis amosaron o seu mellor xogo, cunha gran defensa e con moito acerto no ataque, ademáis agora si que foron quen de controlar o rebote defensivo o que fixo que as diferenzas a prol das de Arteixo marcharan ata os 10 puntos para entrar no derradeiro cuarto cunha cómoda ventaxa.

No cuarto definitivo a xogo foi igualdo de novo, pero a victoria xa non perigou.

Na vindeira xornada as do CB Arteixo Duacode renden visita ó complicado Star Center ferrolán.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.