Liceo La Paz 71-69 CB Arteixo DUACODE
14-11, 22-16, 17-24, 18-18
Empezou o partido con moita igualdade, pero o xogo non se adaptaba ó que queríamos que era xogar con velocidade e apareceron os primeiros problemas para controlar o rebote e poder correr. O marcador non se move moito e o cuarto acaba cunha tripla sobre a bocina dos locais que os pon tres puntos por diante.
O segundo cuarto ve os peores momentos dos nosos, poucas idceas no ataque e, sobre todo, frouxa defensa. Os locais anotan con facilidade desde o triple (tres neste cuarto) e en penetracións hacia a canastra e chegan ó descanso 9 puntos arriba. Ademáis, a falta de 1 minuto prodúcese a lesión de Simón (que se suma á baixa de Enzo) o que nos deixa un pouco preocupados e perdidos.
Despois do descanso os locais seguen aumentando a vantaxe no marcador (que chega ós 14 puntos) e, cando todo parecía perdido e que os nosos ían baixar os brazos, pasou todo o contrario. Todos os xogadores dan un paso adiante en empezan a xogar con moita intensidade, defendendo e atacando con moita determinación. aínda así, outra adversidade para o equipo. Adrián ten que abandoar a pista despois de que un golpe fortuito recibido no segundo cuarto non lle permite seguir. Pero chegamos ó final do cuarto só dous puntos abaixo.
No ultimo cuarto, somos quen de poñernos por diante, pero a igualdade volve no marcador. A falta de poucos segundos para o remate, temos unha posesión para empatar ou gañar o partido, pero non somos quen de anotar e remata o partido cunha derrota por só 2 puntos que nos deixa sensacións encontradas. Por unha parte a sensación amarga de perder o partido e por outra, a sensación de que os xogadores foron capaces de repoñerse ás circunstancias e competiron moi ben na segunda metade do partido.