CB ARTEIXO DUACODE 67-MARISTAS CORUÑA 49
(26-19, 13-6, 19-15, 9-9)
Inicio de encontro, onde as defensas non sairon dos vestiarios, cada ataque remataba en canastra por parte dos dous conxuntos, daba igual dende onde foran os tiros que sempre eran sós. Cara o final deste primeiro periodo os de Arteixo comezaron a axustar un chisco a defensa.
Xa no segundo cuarto o encontro cambiou totalmente, unas liñas de pase máis adiantadas pola parte dos locáis facía que os colexiais tiveran máis atrancos para atopar o aro, ainda que os arteixáns tamén pararon a súa producción ofensiva.
Tras o descanso volveu o xogo sen moita defensa con ataques rápidos por parte de ámbolos dous conxuntos, pero sempre aumentando a renda a favor dos locáis.
O cuarto definitivo sobrou totalmente co encontro totalmente decidido e un xogo con pouca tensión e sin moito acerto para un 9-9 moi frouxo neste periodo.
Ó final una victoria cómoda para o CB Arteixo que segue no segundo posto da clasificación, e que afronta un encontro moi complicado o vindeiro sábado na cancha de Compañía de María en Santiago, o terceiro clasificado do grupo norte.
ANOTADORES: ANTELO 8, OCAMPOS 3, COCHÓN 12, GABI 2, MIGUEL 3, ANDRÉS 14, CONCHADO 11, ROBER 4, RAMÓN 4 E LUÍS 6. NON ASISTIRON O ENCONTRO POR DIFERENTES MOTIVOS NACHO E JESÚS.