Baloncesto Narón 60-69 CB Arteixo DUACODE
Parciais: 15-16, 17-16, 11-24, 17-13
Partido moi igualado na primeira parte con un xogo vistoso e rápido por parte dos dous equipos, os ataques impóñense ás defensas que son case sempre superadas levando o marcador a unha anotación alta. Cométense moitas faltas por parte dos dous equipos que non son capaces de conter os ataques rivais.
No terceiro cuarto prodúcese o despegue dos nosos debido a rápidas accións de 1x1 que os xogadores locais non son quen de parar, á vez que a defensa é capaz de parar un pouco o ataque local, a diferencia vai aumentando e chégase á barreira dos dez puntos, que son 13 ó final do cuarto. En este final de cuarto prodúcese a lesión de Enzo que non pode voltar á pista despois de torcerse o pé esquerdo.
Entramos no último cuarto co partido ben "encarrilado", pero os locais apretan un pouco máis na defensa e recortan un pouco a vantaxe ata poñerse a 7 puntos. Pero nos minutos finais os nosos son quen de serear o xogo buscando as mellores opcións no ataque e traballando moito na defensa para deixar a diferencia nos 9 puntos finais.