Senior: Calvo Artai - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 20/12/2020 12:00 Vila de Noia-Zona Escolar - Carballo || Senior: CB Cambre - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 20/12/2020 19:00 Pavillón Sofía Toro - Cambre || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div - CB Cambre · 19/12/2020 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

Importante victoria diante do lider invicto do grupo en un moi bo partido

Cadete Masculino
16 Xaneiro 2018
Importante victoria diante do lider invicto do grupo en un moi bo partido
Importante victoria diante do lider invicto do grupo en un moi bo partido Importante victoria diante do lider invicto do grupo en un moi bo partido Importante victoria diante do lider invicto do grupo en un moi bo partido Importante victoria diante do lider invicto do grupo en un moi bo partido

CB Arteixo DUACODE 65 - 59 KFC Culle

Parciais: 15-11; 10-18; 21-10; 18-20

Partido moi bonito o xogado o domingo pola mañá no Pazo dos Deportes. A igualdade foi a tónica dominante durante todo o partido.

O equipo empezou moi serio na defensa e con accións rápidas de 1x1 no ataque que dan canastras doadas e van facendo que os xogadores collan confianza. Ademáis tamén se traballa bastante ben na saída da presión. O problema ó principio é o rebote, pero pouco a pouco vaise solucionando.

No segundo cuarto os visitantes apretan máis e aumentan a intensidade tanto na defensa como no ataque e nos catro últimos minutos do cuarto despois de un 21-15 para os nosos, acadan un parcial de 4-14 que leva o partido ó descanso con 4 puntos de vantaxe para os de Culleredo.

A volta do parón, cando parecía que o líder ía marcar diferencias, os nosos arrancan con un 6-0 que nos devolve o mando no marcador e, animados por este arranque, o equipo segue a traballar moi forte no rebote (xa non o dominan os visitantes) e acadamos ata 7 puntos de vantaxe que reflexa o marcador ó final do cuarto.

No último cuarto, volve a igualarse o marcador (pero sempre cos nosos por diante) e aínda que os visitantes cambian a defensa, seguimos atacando con moita rapidez e respostando ás acometidas dos de Culle. Así chegamos a falta de 13 segundos con 59-57 e con balón visitante, que nun ataque rápido empatan a 59 a falta de case tres segundos. Tempo morto e, aínda que non se pode xogar a situación que se pretendía, o balón chega a Iago que lanza de 3 e o árbitro sinala falta persoal con 3 décimas por xogar. Prodúcense protestas pola sinalización da falta no banquiño local, e o árbitro castiga con falta técnica ó adestrador visitante e despois outra falta descalificante o que nos da 6 tiros libres dos que anotamos 5 para por o definitivo 64-59.

O próximo partido será en Narón en data e hora aínda por determinar e esperamos con tódolos xogadores recuperados de lesións e enfermidades.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.