Coma cada ano o 3x3 do CB Arteixo Duacode Concello de Arteixo deixou un sinfín de anécdotas, dende os máis pequenos ata os máis veteráns (este ano un equipo era “Os Puretas” con iso está todo dito…).
Xuntáronse na mañán do domingo de pascua no Pazo dos Deportes máis de 70 participantes, uns 100 espéctadores mais os 7 menbros da organización, todos cos seus mellores sorisos e preparados para xogar o básket.
Nesta edición as 6 pistas funcionaron a pleno rendemento toda a mañán, no fondo estaban os máis pequenos que daba gusto velos xogar, que maneira de divertirse!! Nas psitas do medio estaban os cadetes e junior cunha representación feminina, un equipo formado por xogadoras do equipo cadete do club, que fixeron o que poideron contra algún xogador que rondaba os 2 metros…
Por último, os que estaban máis preto da porta de chegada (para que non cansaran xa antes de comezar) os máis veteranos, que non entenden moito iso de que o torneo é non competitivo, algún xogador do club pensou que mesmo estaba a xogar na fase de ascenso…
Pouco máis que contar, só pedir os participantes que o próximo ano coman algo máis de froita que é moi sá… e sobraron un montón de pezas, seguro que si fora chocolate non sobraba!!
En xeral un ambiente maravilloso de deporte, ningún problema de comportamento en toda a mañán, moita diversión e ledicia por parte de todos os asistentes, por tanto só queda dar as grazas a todos os que fixeron posible que una vez máis o 3x3 do CB Arteixo Duacode Concello de Arteixo fora un éxito.
ESPERÁMOSVOS PARA O ANO, NON FALTEDES!!