Unha vez máis unha entidade local, General Óptica Arteixo, decidiu apoiar ao Club Baloncesto Arteixo Duacode no seu proxecto deportivo. María Encina González, xerente da empresa, acompañada polo noso moi querido presidente, Francisco Lozano, ven de asinar un convenio de patrocinio polos próximos dous anos.
Este é outro exemplo máis da aposta que o municipio e os seus comerciantes fan por inculcar os valores do deporte a todos os nenos de Arteixo e arredores. No club, cunha historia que se remonta case 30 anos atrás, e con máis de cen licencias de xogadores, respírase compañeirismo, vitalidade, sa rivalidade, esforzo, traballo, diversión e dende logo moito amor polo deporte en xeral e polo baloncesto en particular.
Agradecemos a General Óptica Arteixo, empresa coa que compartimos o gusto polo traballo ben feito e o compromiso coas familias, a súa incorporación a este proxecto deportivo, esperando que sexa un motivo máis para que o resto de comerciantes de Arteixo se animen a formar parte deste proxecto formativo e deportivo.