Senior: Peleteiro - CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 09/11/2019 20:00 Pavillón Montouto - Santiago || Senior: Dimolk Xiria Artai - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 10/11/2019 10:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div - Trebóns BC · 09/11/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: Basquet Coruña U15 - CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 09/11/2019 16:00 polideportiva Riazor 2 - A Coruña || Infantil: Compañía de María Azul - CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 09/11/2019 16:00 Col. Compañía de María - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - CB Calasanz · 09/11/2019 19:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Obradoiro Fem 1º ano - CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div · 09/11/2019 11:00 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Benxamín: CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div - Montrove · 09/11/2019 12:30 Pazo dos Deportes Pista 2 - Arteixo

General Óptica Arteixo novo patrocinador do CB Arteixo Duacode

8 Febreiro 2018
General Óptica Arteixo co baloncesto local. A entidade asina un convenio de patrocinio co CB Arteixo
General Óptica Arteixo co baloncesto local. A entidade asina un convenio de patrocinio co CB Arteixo

Unha vez máis unha entidade local, General Óptica Arteixo, decidiu apoiar ao Club Baloncesto Arteixo Duacode no seu proxecto deportivo. María Encina González, xerente da empresa, acompañada polo noso moi querido presidente, Francisco Lozano, ven de asinar un convenio de patrocinio polos próximos dous anos.

Este é outro exemplo máis da aposta que o municipio e os seus comerciantes fan por inculcar os valores do deporte a todos os nenos de Arteixo e arredores. No club, cunha historia que se remonta case 30 anos atrás, e con máis de cen licencias de xogadores, respírase compañeirismo, vitalidade, sa rivalidade, esforzo, traballo, diversión e dende logo moito amor polo deporte en xeral e polo baloncesto en particular.

Agradecemos a General Óptica Arteixo, empresa coa que compartimos o gusto polo traballo ben feito e o compromiso coas familias, a súa incorporación a este proxecto deportivo, esperando que sexa un motivo máis para que o resto de comerciantes de Arteixo se animen a formar parte deste proxecto formativo e deportivo.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.