Montrove 84-66 CB Arteixo DUACODE
26-19, 21-15, 25-7, 12-25
O partido xa se presentaba díficil debido á entidade do rival, pero aínda foi peor polas baixas acumuladas. Debido a diversos motivos, só puidemos presentar 6 xogadores para o partido e dous deles estaban enfermos. Con este panorama, os xogadores fan un grande esforzo e, agas no terceiro cuarto, son capaces de competir máis que dignamente diante de un dos mellores equipos do grupo.
A primeira parte foi competida, pero sempre cos locais dominando o marcador, chegándose ó descanso con 13 puntos para os locais.
No terceiro cuarto, mala saída dos nosos que perden varios balón que dan canastras moi doadas que aumentan a diferencia no marcador e van levando o marcador ata 31 puntos de vantaxe ó final do cuarto. Pero cando parecía que o partido acabaría con unha diferenza de escándalo, apareceu o mellor xogo dos nosos xogadores que non baixaron os brazos e foron quen de gañar o cuarto e acabar con boas sensacións a pesares da clara derrota.