Senior: Peleteiro - CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 29/02/2020 20:00 Pavillón Montouto - Santiago || Senior: ADFRO - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón Cocheras - A Coruña || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div - María T Martínez Dental CB Sarria · 01/03/2020 19:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div - Liceo La Paz · 01/03/2020 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: KFC Culleredo Azul - CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón O Burgo || Infantil: Maristas Champagnat - CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 29/02/2020 10:00 Colexio Maristas - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - Santa María del Mar B · 01/03/2020 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div - Obradoiro Feminino · 29/02/2020 09:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Alevín: Dominicos U11 - CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 29/02/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Benxamín: Liceo La Paz - CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div · 29/02/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo

DERROTA EN UN GRAN PARTIDO DE BALONCESTO

Cadete Masculino
18 Marzo 2018
DERROTA EN UN GRAN PARTIDO DE BALONCESTO
DERROTA EN UN GRAN PARTIDO DE BALONCESTO

CB ARTEIXO DUACODE 72-76 FERROL CB

23-18, 9-14, 17-24, 16-9, 7-11

PARTIDAZO!!!!

Gran partido o xogado polos dous equipos que se decidiu na prórroga a prol dos ferroláns

Moi bo comezo dos nosos, dominando o ritmo, atacando ben aínda que a defensa están un pouco "permisiva" (igual que en case todo o partido). Igualdade no marcador qiue se rompe a favor do noso equipo que acada un 21-14 a falta de dous minutos para o remate do cuarto, pero certa relaxación permite dúas canastras doadas dos visitantes que deixan 5 arriba para os nosos ao final do cuarto.

No segundo cuarto, moi mal arranque no ataque e na defensa concedendo canastras doadas en 1x1. O ritmo agora márcano os visitantes e van igualando o marcador pouco a pouco para acabar igualados a 32.

Outro mal arranque despois do descanso, con moitos despistes e unha defensa moi branda danlle unha boa distancia aos ferroláns (7 puntos) que van controlando o partido para xogar cómodos administrando a vantaxe no marcador. Dúas triplas para rematar o cuarto non deixan que a diferenza sexa demasidao grande. O cuarto péchase cun tanteador bastante alto (17-24) e 7 puntos abaixo.

Entramos no último período con problemas de faltas e empezamos con varias perdas consecutivas (o principal problema durante todo o partido), pero outras dúas triplas consecutivas vannos acercando pouco a pouco no marcador. No último minuto arriscamos para recuperar e somos quen de empatar a falta de 2 segundos.

Na prórroga, varios malos ataques e defensas frouxas danlle 5 puntos aos visitantes e, aínda que o intentamos, non somos quen de volver a remontar.

En definitiva, un moi bo partido por parte dos dous equipos, dos que deixan bo sabor de boca a pesares da derrota.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.