Senior: Calvo Artai - CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 15/12/2019 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: Basquet Coruña S - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 14/12/2019 18:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div - Santo Domingo Betanzos · 15/12/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div - Ortodix Basket Xiria Artai · 14/12/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div - KFC Culleredo Azul · 14/12/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Turismo Carballo Artai Xiria - CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 14/12/2019 16:00 Pavillón Bergantiños - Carballo || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - Santo Domingo Betanzos · 14/12/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Santa María del Mar A - CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div · 14/12/2019 10:00 Colexio Santa María del Mar - A Coruña || Alevín: KFC Culleredo Azul - CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div · 14/12/2019 12:30 Pazo dos Deportes P-1 - Arteixo || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div - Franciscanos Coruña Masc · 14/12/2019 11:00 Pazo dos Deportes P-1 - Arteixo || Benxamín: CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div - Jesuitinas A · 14/12/2019 09:30 Pazo dos Deportes P-2 - Arteixo

DERROTA EN UN GRAN PARTIDO DE BALONCESTO

Cadete Masculino
18 Marzo 2018
DERROTA EN UN GRAN PARTIDO DE BALONCESTO
DERROTA EN UN GRAN PARTIDO DE BALONCESTO

CB ARTEIXO DUACODE 72-76 FERROL CB

23-18, 9-14, 17-24, 16-9, 7-11

PARTIDAZO!!!!

Gran partido o xogado polos dous equipos que se decidiu na prórroga a prol dos ferroláns

Moi bo comezo dos nosos, dominando o ritmo, atacando ben aínda que a defensa están un pouco "permisiva" (igual que en case todo o partido). Igualdade no marcador qiue se rompe a favor do noso equipo que acada un 21-14 a falta de dous minutos para o remate do cuarto, pero certa relaxación permite dúas canastras doadas dos visitantes que deixan 5 arriba para os nosos ao final do cuarto.

No segundo cuarto, moi mal arranque no ataque e na defensa concedendo canastras doadas en 1x1. O ritmo agora márcano os visitantes e van igualando o marcador pouco a pouco para acabar igualados a 32.

Outro mal arranque despois do descanso, con moitos despistes e unha defensa moi branda danlle unha boa distancia aos ferroláns (7 puntos) que van controlando o partido para xogar cómodos administrando a vantaxe no marcador. Dúas triplas para rematar o cuarto non deixan que a diferenza sexa demasidao grande. O cuarto péchase cun tanteador bastante alto (17-24) e 7 puntos abaixo.

Entramos no último período con problemas de faltas e empezamos con varias perdas consecutivas (o principal problema durante todo o partido), pero outras dúas triplas consecutivas vannos acercando pouco a pouco no marcador. No último minuto arriscamos para recuperar e somos quen de empatar a falta de 2 segundos.

Na prórroga, varios malos ataques e defensas frouxas danlle 5 puntos aos visitantes e, aínda que o intentamos, non somos quen de volver a remontar.

En definitiva, un moi bo partido por parte dos dous equipos, dos que deixan bo sabor de boca a pesares da derrota.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.