ACB Costa da Morte 58 - 44 CB Arteixo DUACODE
Parciais: 11-5; 13-6; 8-20; 23-13
Empeza o partido con moitos fallos no ataque, as veces atópanse boas situacións para anotar pero non hai ningún acerto, unhas veces o balón da dúas voltas no aro e sae e outras no toca nin o aro. Ó mesmo tempo, o rebote é completamente local e a defensa das penetracións é moi frouxa. O marcador deixa claro o que está a pasar con só 11 puntos dos nosos ó descanso.
Á volta do descanso cambia por completo o panorama do partido, o equipo empeza a correr e a mover o balón con moita máis fluidez. Tamén algúns tiros que na primeira parte non entraban agora sí que entran e a distancia vaise reducindo ata poñernos a 1 punto a falta de tres minutos para o final do terceiro cuarto.
O último cuarto segue co marcador apretado, pero sempre cos locais por diante, pero nos últimos tres minutos e 3 puntos abaixo, volven a aparecer os erros e os xogadores locais aproveitanos para facer que a diferencia aumente ata os 14 puntos finais.
Agora esperamos recuperar os lesionados e enfermos para a próxima semana e poder competir en un partido difícil contra Santo Domingo Betanzos.