CB Arteixo DUACODE 35- BBCA Praia de Cariño 68
(8-22) (12-8) (4-25) (11-13)
Mal inicio de partido en Arteixo, en 2 minutos e medio catro perdas de balón que producen catro canastras 1×0 e xa os vistantes se distancian no marcador.
Malas decisións no ataque e incapaces de defender a mobilidade dos xogadores visitantes.
Ó final do primeiro cuarto e no segundo, mellorase un pouco a defensa que fai baixar o acerto dos visitantes.No ataque non se produce moito pero xógase con máis tranquilidade.
Despois do descanso o equipo volve a xogar precipitado no ataque e as numerosas perdas permiten, outra vez, canastras moi doadas. Aínda encima, varias accións boas non somos capaces de convertelas en canastras.
Co partido xa decidido, no último cuarto hai fases nas que se xoga con un pouco máis de sentido.
Pero se non estamos concentrados todo o tempo vai ser moi difícil competir contra equipos que teñen un moi bo nivel.