CB Arteixo DUACODE 51-47 Liceo La Paz
Parciais: 10-11; 11-12; 17-5; 13-19
Empezamos o partido moi estáticos, sen buscar o balón e con pouca intensidade. Melloramos un pouco, no medio do cuarto, pero voltamos outra vez a ter os erros de concentración e de falta de atención de partidos anteriores provocando que os xogadores do Liceo acaben o cuarto por diante.
O segundo cuarto vai polo mesmo camiño, pasividade e pouca movilidade sen o balón e frouxos na defensa do 1x1 fan que os visitantes xoguen cómodos e vaian ó descanso por diante no marcador.
O terceiro cuarto, en canto a anotación, e o mellor de todos ainda que o xogo segue a ser moi previsible pero o acerto que faltou na primeira parte apareceu agora. A vantaxe chega ós 10-12 puntos.
Empeza o último cuarto cunha vantaxe clara de 10 puntos que aumenta nos primeiros minutos ata os 15 e parece que o partido está decidido. Pero nanda máis lonxe da realidade, a precipitación, as perdas de balón continuas, os erros diante do aro rival, a defensa pasiva, ... van facendo que os visitantes recorten pouco a pouco a distancia no marcador e cheguen a poñerse por diante con catro puntos. Nos dous minutos finais, volta o acerto de cara ó aro rival e conseguimos poñernos por diante e acabar o partido con unha victoria.