Basquet Coruña u18 49-61 CB Arteixo DUACODE
Parciais: 10-9; 9-10; 18-15; 12-17
Partido moi igualado desde o empezo ata o remate con rendas que non superaron en ningún momento os 5 puntos para ningún dos dous equipos
O partido empezou moi frío por parte dos dous equipos, con continuos erros que facían que o marcador se movera moi pouco a pouco. Así o resultado ó final do primeiro cuarto era un pobre 10-9
O segundo cuarto transcorre igual que o anterior, erros nos pases, perdas de balón, tiros errados, ..., a consecuencia é o mesmo resultado que no primeiro, pero a favor dos nosos. chegamosó descanso con un "raquítico" 19-19 e todo por decidir esperando que o xogo mellore na segunda parte.
Despois do descanso, mellora un tanto o xogo. Xa non hai tantos erros e os locais anotan tres triplas e varias canastras rápidas que os colocan por encima no marcador ó final do cuarto.
No último cuarto os nosos intrentan apretar na defensa o que se traduce en infinidade de faltas que provocan que os primeiros 7 puntos dos locais no cuarto sexan desde a liña de tiro libre. O ataque empeza a precipitarse e Basquet Coruña acada cinco puntos de vantaxe. Nos minutos finais somos quen de acertar no tiro libre e anotamos unha canastra ó límite da posesión e podemos acadar unha victoria importante de cara a darnos conta de que podemos competir se nos esforzamos e traballamos coa intensidade necesaria.