CULLEREDO O BURGO 33-CB ARTEIXO DUACODE 51 (6-9, 7-4, 14-6, 2-16, 0-8, 4-8)
Primeiro encontro de liga para as rapazas do CB Arteixo Duacode, e como corresponde os comenzos os nervos foron a tónica dominante no inicio do partido, moitos erros en pases e en finalizacións preto do aro marcaron os tres primeiros periodos.
Tras o descanso todo cambiou, coas rapazas de Arteixo moito máis acertadas cara o aro e coa mesma enerxía defensiva do inicio do encontro a balanza comezou a caer do lado das xogadoras de verde.
En definitiva, moi bo encontro, onde a diversión, o esforzó e o compañerismo foron as notas dominantes, nunha tarde no Pazo de Arteixo chea de bos momentos entre asistentes e participantes.
Agora a seguir traballando duro para seguir mellorando ,sen parar de desfrutar do BALONCESTO.