Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª - Peleteiro Frutas Barreiro · 23/03/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: Carnicería Muiño costa da Morte - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª · 24/03/2019 17:00 Pavillón Municipal - Cee || Junior: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª · 23/03/2019 20:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Cadete: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª · 23/03/2019 16:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª - Top Quality Cars Cambre B · 24/03/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Santo Domingo Betanzos - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 24/03/2019 10:00 Pavillón Municipal - Betanzos || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª - BBCA Tras do Castelo · 23/03/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Basquet Coruña U12/11 - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 23/03/2019 09:30 Pazo dos Deportes - Arteixo || Benxamín: KFC Kulle Mixto - CB Arteixo Duacode Benxamín Mixto · 23/03/2019 11:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

[Crónica] Baloncesto Cambre 59-46 CB Arteixo DUACODE

Junior Masculino
14 Novembro 2017
[Crónica] Baloncesto Cambre 59-46 CB Arteixo DUACODE

Baloncesto Cambre 59-46 CB Arteixo DUACODE
16-9; 6-8; 19-11; 18-20
Mal partido con pouca concentración e pouco acerto no tiro
Empezamos con falta de intensidade na defensa e poucas ideas no ataque, abusando do tiro de tres puntos e con moi pouco acerto. Permítense tiros cómodos e o rebote e dominado completamente polos locais que dispoñen de varias opcións en cada ataque para anotar
No segundo cuarto segue o desacerto dos nosos xogadores, aínda que a defensa mellora un pouco e chégase ó descanso con 7 puntos de desvantaxe (pouca distancia para o xogo que se está desenvolvendo)
Pero á volta do descanso, outra vez a frouxa defensa e, ó comezo do cuarto, o desacerto de cara ó aro e as perdas de balón mandan a diferencia preto dos 20 puntos que se quedan en 15 ó remate do cuarto
No último, aumenta a intensidade e, sobre todo ó principio do cuarto, o acerto o que anima un pouco ós nosos xogadores que atacan con máis xeito movendo bastante mellor o balón. Pero xa era tarde para competir o partido, aínda que serviu para ver cal é o camiño que debemos seguir se queremos mellorar e poder competir nos partidos.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.