Sénior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª 42-62 CB Celtas CCA Foz · 26/01/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Sénior: Moneyball Galiwood 59-36 CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª · 26/01/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: Santo Domingo Betanzos 62-34 CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª · 26/01/2019 10:00 Municipal - Betanzos || Cadete: Gestoría Queijo Basket Xiria 37-35 CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª · 26/01/2019 10:00 Pavillón Bergantiños - Carballo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª 34-85 Basquet Coruña U15 · 27/01/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª - Calasancias · 25/01/2019 19:30 Pazo dos Deportes - Arteixo || Preminibasquet: CB Arteixo Duacode Benxamín Mixto 57-27 Franciscanos Coruña · 26/01/2019 09:30 Pavillón Agra II Pista 3 - A Coruña

CLARA VICTORIA NUN PARTIDO BASTANTE COMPLETO

Cadete Masculino
14 Marzo 2018
CLARA VICTORIA NUN PARTIDO BASTANTE COMPLETO

CB ARTEIXO DUACODE 63-33 SANTA MARÍA DEL MAR

(15-6)(19-5)(20-12)(9-10)

Empezamos con moita intensidade e gañas, defendendo con forza e atacando rapidamente e, cando non se podía xogar rápido, o movimento do balón dábanos boas posicións para anotar. Á vez, a defensa pechaba case que tódolos camiños para chegar ao aro, ademáis, o dominio no rebote era case total.

No segundo cuarto, o esforzo segue a ser igual e o dominio do partido é completamente para os nosos que non acusan as rotacións que se van producindo e aumentan a distancia no marcador ata chegar a un claro 34-11 ao descanso.

No terceiro cuarto, o ritmo anotador segue sendo moi alto e a defensa baixa un pouco concedendo varias canastras que na primeira parte non se permitían, con todo isto a distancia aumenta ata os 31 puntos ao final do cuarto.

No último cuarto, co partido sentenciado, o nivel baixa bastante e xa non se anota coa fluidez do resto do partido pero a defensa segue a ser boa e, aínda que se perde o parcial do cuarto, o partido acaba con unhas moi boas sensacións.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.