CB ARTEIXO DUACODE 33-BASQUET CORUÑA LEYMA U16 36
(10-7)(5-13)(5-7)(13-9)
Encontro aprazado no seu momento o que se disputou na mañán do luns no Pazo dos Deportes de Arteixo. Visitaba o pobo o líder do grupo no que se presentaba coma un partido moi complicado.
No inicio a igualdade foi a tónica dominante aínda que as arteixáns impoñían por momentos a súa defensa.
No inicio do segundo cuarto xa se veía que o xogo estaba tornando cara as coruñesas que comezaron a ter máis acerto no tiro e axustaron un pouco a súa defensa para complicar moito o ataque das locáis.
Tras o descanso a defensa das do CB Arteixo Duacode voltou a ser de moito nivel, pero no ataque non eran quen de anotar con facilidade xa que a defensa posicional das da Coruña seguía a estar ben axustada.
Así as cousas entrábase no cuarto definitivo cunha desventaxa de 7 puntos que non semellaba insalvable, pero si moi difícil de remontar nun encontro de tan poucos puntos no luminoso.
As arteixáns sacando forzas de onde non había fixeron outra vez un excelente traballo defensivo e nesta ocasión poideron sair de cando en vez ó contraataque para anotar alguna que outra canastra, pero os esforzos fináis non levaron conxunto o premio da victoria.
En calquera caso, gran traballo de tódalas xogadoras contra un bo rival.