CAFERLO CB VIVEIRO 75-CB ARTEIXO DUACODE 55
(16-10, 17-18, 14-18, 28-9)
Inicio de encontro en Viveiro moi igualado, con pouco acerto de cara ó aro rival, sen embargo foron os locáis os que primeiro se entonaron, e comezaron a acadar pequenas ventaxas tras canatras preto do aro.
No segundo cuarto a cousa cambiou e os dous conxuntos comemezaron a anotar con regularidade, os locáis seguían a cargar todo o seu arsenal ofensivo no interior, e os de Arteixo non poñían a intensidade suficiente para paliar a diferenza de centímetros.
Tras o descanso viñeron os mellores momentos dos do CB Arteixo Duacode, cunha defensa case que perfecta e movendo moi ben o balón en ataque conseguiron poñerse por diante ata catro puntos, o que facía pensar que se podían traer una victoria da mariña. Pero non foi así, una pequena reacción dos locáis deixaría as diferenzas nun só punto a prol dos viveirenses.
No periodo definitivo apareceu o desastre, os peores minutos da tempada para os xogadores de Iván García, cada xogador empezou a facer a guerra pola súa conta, e a defensa facía augas tanto nos interiores coma nos exteriores. Con este xogo e contra o que é o mellor equipo da competición o resultado non podía ser outro, repaso total non último cuarto.
So queda pasar páxina , traballar duro e pensar na segunda volta que dará comenzo en 15 días.
Esta primeira volta deixa un balance de 6 victorias e 2 derrotas.
ANOTADORES: ANTELO 7, CONCHADO 13, DANI 20, ROBER 7, LUÍS 2, RAMÓN 2, MIGUEL 4, NACHO, GABI Y OCAMPOS. NON ASISTIU O ENCONTRO JESÚS POR TEMAS LABORAIS.