Atopámonos inmersos nunha nova etapa para o Club na que, despois de case que 30 anos de existencia, consideramos dende a xunta directiva que era o momento idóneo para darlle un gran xiro o Club. Sen esquecer nunca de onde vimos e quen somos, consideramos que chegou o momento de ser coñecidos e recoñecidos no noso pobo. Deste xeito lanzámonos á promoción do baloncesto nas clases de educación física dos diferentes institutos e colexios de Arteixo.
Tamén reactivamos as nosas redes sociais e creamos a nova WEB do C.B. Arteixo, cun continuo bulir de novas, tanto dos nosos xogadores e xogadoras coma de outras novas relacionadas con noso deporte.
Creemos nembargante, que isto non é dabondo, e pretendemos tamén ter visibilidade nos diferentes negocios da vila, que sexa a propia xente do pobo a que se sinta orgullosa de ter un club como o noso.
Queremos darvos a benvida a todos á gran familia do C.B.Arteixo.