|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

XOGO A RÁFAGAS

Infantil Masculino 2ª
24 Xaneiro 2019
XOGO A RÁFAGAS
XOGO A RÁFAGAS

 

MARISTAS CHAMPAGNAT 62 - 27 CB ARTEIXO DUACODE

Domingo 20 de xaneiro de 2019, 16.00h, Maristas - A Coruña

CB Arteixo Duacode: Mario De Oliveira, Iker García, Juan Sánchez, Hugo Lombao, Aarón Romero - 5 inicial - Raúl Vázquez, Aharón Pin, Mateo García, Manu López, Anxo Novás, Brais Martínez, David Eirís (adestrador)

Maristas Champagnat: M.Maciel, A.Lorenzo, I.Sieira, F.J. Da Silva, M.Bahamonde, M.Legide, X.Solla, D.Míguez

Parciais: 15-7, 34-13 (descanso), 48-23, 62-27 (final)

Asistencia: Aproximadamente uns 30 espectadores


Se ben os arteixáns saían moi enchufados ao partido, a coordinación defensiva resultaba case fugaz e presenciábamos un conxunto que continua a ter dificultades para aplicar os plantexamentos prepartido, xa sexa por concentración ou por decisións individuais. Carente desa unidade que se precisa nun deporte colectivo os visitantes quedaban cada vez máis a mercé do conxunto local que despegábase rápidamente no electrónico (34-13 descanso).

Tras a rifa no descanso os nosos saen de novo máis decididos e a defensa comeza novamente a obter resultados e a incomodar ao rival. Sen embargo, aínda faltaba algo de convicción e iso ante un rival máis rodado continuaría a castigar aos arteixáns. Pero o peor estaba por chegar, cando os nosos comezaban a impacientarse coa permisividade arbitral e perdían as formas nalgunha situación deixando un sabor de boca máis amargo (62-27 final).


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.