BAZZARRA COSTA DA MORTE 16 - 57 CB ARTEIXO DUACODE (2-11, 3-16, 4-14, 7-16)
Moi bo encontro o que desputaron as arteixáns na mañá do domingo no polideportivo municipal de Cee.
Xogaban as do CB Arteixo Duacode na cancha dun conxunto invicto ata esta data, pero as xogadoras de Iván García non deron opción o seu rival. Xa dende o comezo viuse que a intensidade defensiva ía a ser a nota dominante do encontro, complicando moito a circulación de balón das ceenses. No ataque o acerto non era o esperado pero a paciencia e o movemento do balón foi dando os seus froitos a medida que avanzaba o encontro.
Deste xeito, con bo traballo defensivo e movemento de balón en ataque (tamén fóronse producindo bóas transicións en roubos de balón) as diferenzas fóronse facendo máis e máis grandes, para rematar gañando o encontro por un amplo marxe.
O conxunto arteixán amosa estar no camiño correcto, pero queda moito traballo por facer aínda!! e o marxe de mellora segue a ser amplo.
Norabóa e a seguir desfrutando do camiño.