SANTA MARÍA DEL MAR 92 - 31 CB ARTEIXO DUACODE
22-1, 23-12, 20-7, 27-11
Outra vez apareceu a falta de intensidade despois de uns partidos nos que parecía que o equipo melloraba en atención, intensidade e concentración, volveu a realidade de case que toda a tempada, pouco esforzo, desidia na defensa, pouca intensidade no ataque, .... O resultado de todo isto é que volvemos a encaixar uns parciais de escándalo sin apenas poñer da nosa parte para que isto non suceda... E así nos vai!!!
Un parcial no primeiro cuarto que xa nos deixa sen opcións. E, o peor, é que a meirande parte dos puntos locais son en situacións de 1x0 debido a que non baixamos a defender as contras dos colexiais que se producen despois de non ser capaces de atacar a súa pechada defensa zonal. Despois dos nosos erros, rebote defensivo local e a correr cara ao noso aro sen que sexamos quén de chegar ao balance defensivo.
Esta foi a istoria de case todo o partido e o que fixo que o resultado non fixera máis que ir medrando desde o empezo ata o final do encontro.
Xogaron Anás, Víctor, Manu, Iago, Gonzalo, Abel e Ángel. Non puideron estar no partido Samuel, Ronny, Andrés, Miguel, Gabriel e Pedro.