CB ARTEIXO DUACODE 62 - GARCÍA CAÑIZO CARBALLO BASKET 46 (20-10, 12-12, 18-12, 12-12)
Unha victoria máis para as cadetes, si ben en esta ocasión sin tanta brillantez coma noutras ocasións.
Si é certo que no inicio do choque amosaban as locáis un xogo moi dinámico e con boas accións ofensivas, que non eran seguidas de todo na defensa que se alternaban momentos sensacionáis con outros de despistes importantes.
No segundo cuarto as carballesas axustaron a súa defensa e a igauldade foi a nota dominante.
Tras o tempo de lecer as de Iván García deron outro tirón no marcador que xa sería definitivo para o descurrir do encontro.
No periodo definitivo as de Arteixo non baixaron o pe do acelerador nos primeiros minutos, ainda que pouco a pouco si que foron afrouxando un chisco e o encontro voltou a igualarse, ainda que xa sen perigar o resultado final.
Xogaron polo CB Arteixo Duacode: Miriam, Inés, Lola, Laura, Susana, Antía R., Carla, Sofía, Sabela, Andrea e Zeltia