Senior: Compañía de María - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª · 11/05/2019 17:00 Pavillón Marzán - Foz || Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Basquet Coruña S · 15/05/2019 21:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª - Liceo La Paz · 10/05/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: BV Asesores Los Rosales B - CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª · 11/05/2019 12:00 Pavillón Cocheras - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª - Compañía de María B · 11/05/2019 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª - Top Quality Cars Cambre · 11/05/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: CB As Pontes - CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª · 12/05/2019 17:00 Pavillón Municipal As Pontes || Alevín: CB Montespiño B - CB Arteixo Duacode Alevín Feminino · 11/05/2019 12:30 Pavillón Agra II Pista 1 - A Coruña || Alevín: Peñarredonda - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 11/05/2019 09:30 Pavillón Agra II Pista 1 - A Coruña || Benxamín: CB Arteixo Duacode Benxamín Mixto - KFC Culle Mixto · 11/05/2019 11:00 Pavillón Agra II Pista 1 - A Coruña

VIII MEMORIAL JOSÉ ANTONIO VEGA (TORNEO LARACHA)

27 Decembro 2018
VIII MEMORIAL JOSÉ ANTONIO VEGA (TORNEO LARACHA)
VIII MEMORIAL JOSÉ ANTONIO VEGA (TORNEO LARACHA) VIII MEMORIAL JOSÉ ANTONIO VEGA (TORNEO LARACHA)

350 RAPACES DE 28 EQUIPOS PARTICIPARÁN NA 8º EDICIÓN DO TORNEO DE BALONCESTO “JOSÉ ANTONIO VEGA”

 

O evento foi presentado hoxe no Concello.
Celebrarase o sábado nos tres pavillóns da Laracha.
Haberá zona lúdica con uso aberto para o público en xeral.
 

A Laracha, 26 de decembro de 2018.-

 

Como sucede cada Nadal desde hai sete anos, A Laracha será este sábado a referencia provincial no baloncesto de base coa celebración da oitava edición do torneo José Antonio Vega. Hoxe presentouse o evento nun acto no que participaron representantes de todas as entidades e clubs que farán posible o evento: por parte do Concello da Laracha, o alcalde, José Manuel López Varela, e a edil responsable da área de deportes, Patricia Bello. Polas Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto da Laracha, o seu coordinador, Roi Vega, que tamén é fillo do homenaxeado. En representación do C.B. Laracha estiveron o coordinador, Sito Cabado, e o secretario, Eliseo Velo. Por parte do C.B Artai acudiu o presidente, Joaquín Moreira. En representación do C.B. Arteixo Duacode estiveron o coordinador, Iván García, e o directivo Víctor García.

 

O alcalde valorou que este torneo estea consolidado “como a festa do baloncesto de referencia en Nadal na provincia da Coruña” e salientou a boa saúde desta modalidade deportiva no municipio tendo en conta a cifra de máis de cen nenos que forman parte das escolas municipais. Tamén destacou a cantidade de xente que se achegará ata A Laracha o sábado con motivo da celebración do torneo, o que implicará un impulso para economía local, en especial para o sector servizos.

 

Roi Vega comezou a súa intervención agradecendo o esforzo conxunto para facer posible un ano máis este torneo que para el “é un orgullo poder organizar e recordar a figura do meu pai, que estaría moi orgulloso de ver como crece e aumenta o nivel do baloncesto”. Como datos máis salientables apuntou que participarán seis clubs con vinte e oito equipos e un total duns 350 xogadores. Disputaranse 55 partidos de categorías desde babys ata infantís nos tres pavillóns da vila da Laracha (Municipal, IES Agra de Leborís e CEIP Otero Pedrayo).

 

Joaquín Moreira tamén destacou o torneo memorial José Antonio Vega como a “cita de referencia do Nadal” para os equipos de base do Artai, afirmando que “os nenos saben que hai a competición durante o ano e tamén este evento nas festas”.

 

Por último, Eliseo Velo mostrou a plena disposición do C.B. Laracha para colaborar e seguir mellorando o torneo e os representantes do C.B. Arteixo afirmaron que “é unha honra que nos invitedes a vir porque este torneo é unha parte máis do Nadal para os nenos da nosa entidade”.

 

Nota de prensa do Concello de Laracha.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.