BASQUET CORUÑA U18/17 37 - 77 CB ARTEIXO DUACODE
7-27, 14-16, 8-12, 8-22
Empeza o partido cos nosos xogadorees moi serios e activos. Boa actividade defensiva con varias recuperacións e movimento do balón fluido no ataque. Dominamos tamén o rebote e, con todos estes ingredientes, a anotación é alta e imos separándonos do rival no marcador.
No segundo cuarto baixamos un pouco a atención e cometemos moitas faltas que levan aos locais á liña e anotan doado. Volvemos á intensidade do primeiro cuarto e chegamos ao descanso con máis de 20 puntos de vantaxe.
Na segunda parte non nos relaxamos e seguimos movendo ben o balón no ataque e apretando na defensa. A distancia segue a aumentar segundo vai pasando o tempo para acabar o partido cunha clara vantaxe no marcador.
Xogaron Abdel, Iago, Zeus, Gonzalo, Raúl, Simón e Enzo. Segue lesionado Samuel.