Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª - Meco-Rafonca Portas e Automatismos · 16/02/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª - Maristas Coruña · 17/02/2019 17:00 Pavillón Ponte dos Bozos - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª - KFC Kulle · 16/02/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: Top Quality Cars Cambre 03 - CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª · 16/02/2019 16:00 Pavillón Sofía Toro - Cambre || Infantil: Compañía de María B - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 17/02/2019 12:00 Colexio Compañía de María - A Coruña || Infantil: Calasancias A - CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª · 17/02/2019 12:00 Colexio Calasancias - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín Feminino - Compañía de María B · 16/02/2019 11:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Jesuitinas C - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 16/02/2019 09:30 Pazo dos Deportes - Arteixo

VICTORIA PARAR SEGUIR ASPIRANDO A TODO

Sénior Masculino 2ª
13 Febreiro 2019
VICTORIA PARAR SEGUIR ASPIRANDO A TODO

CB SAN CIBRAO RIO OURENSE TERMAL 63 - 71 CB ARTEIXO DUACODE (15-15, 18-20, 15-14, 15-22)

Como era previsible saliu un encontro moi igualado dende o comenzo, os arteixáns trataban en todo momento de cargar o xogo no poste baixo e os ourensáns xogar de fora a dentro tratando de aproveitar o físico dos seus xogadores. Ademáis comezaban os locáis moi acertados dende máis alá do 6,75 (anotarían na primeira metade 4 triplas).

No segundo cuarto a capacidade anotadora dos dous conxuntos foi a máis, cun ritmo de xogo alto e os xogadores empregándose con moita intensidade na defensa, iso si, con pouco acerto, os ataques seguían a ser superiores.

Tras o descanso os do CB Arteixo Duacode sabían que tiñan que baixar a producción ofensiva dos locáis si querían aspirar a victoria, e así foi. Os de Iván García subiron liñas de pase e comezaron a ser máis consistentes na defensa dos xogadores chave do conxunto ourensá, sen embargo o ataque pasou polos seus peores momentos do encontro e tan so se anoraron 14 tantos.

Entrábase no cuarto defininitivo con  un punto de ventaxe e todo por decidir. Unha vez máis os arteixáns sacaron o seu mellor xogo no periodo definitivo coma xa ocurrira en anteriores visitas. A defensa seguiu estando moi concentrada en parar os xogadores importantes do conxunto local mesmo houbo algún tapón espectacular!! e o ataque fixo os mellores minutos do encontro. Nos minutos fináis coa victoria asegurada a loita era por recuperar o basketaverage que finalmente non pudo ser, o que non empañou nin un pouco unha gran victoria dos arteixáns.

Poderíamos destacar algún xogador en concreto pero a verdade é que foi unha victoria coral, na que cada un aportou o conxunto o mellor de seu coma debe ser si se queren cumprir os obxectivos.

Na vindeira semana visita o Pazo o líder da competición o Meco, si o Arteixo é capaz de dar a sorpresa dará un paso de xigante para entrar entre os 5 primeiros e xogar a fase de ascenso.

XOGARON E ANOTARON: OCAMPOS 14, COCHÓN 6, JESÚS 7, CONCHADO 17, ANDRÉS 17, ROBER 1, ESCARIZ 3, VAL 4 E NACHO 2. Non asistiron o encontro por diferentes problemas Iago, Simón e Antelo.

 


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.