CB ARTEIXO DUACODE 77 - 28 BASQUET CORUÑA U18/17
20-12, 19-4, 28-0, 10-12
Clara victoria en un partido moi serio dos nosos xogadores.
Empezamos ben, con algún problema na defensa interior, pero marcando xa as primeiras distancias. Atacamos ben en 1x1 e anotamos con certa facilidade.
No segundo cuarto a defensa marca as diferencias. Moitos roubos e canastras doadas. Dominamos o rebote, defendemos as liñas de pase, ... tocamos case todos os balóns e anotamos con facilidade. Chegamos ao descanso con un claro 39-16.
Despois do descanso aumentamos máis aínda o nivel defensivo. Recuperamos un sinfín de balóns e logramos canastras moi doadas. O parcial do cuarto (28-0) indica o que pasou na pista e chegamos ao último cuarto co partido decidido.
No último cuarto intentamos probar cousas e, lóxicamente, o xogo resíntese. Aínda así non baixamos demasiado o nivel a pesares de perder o parcial do cuarto.
Xogaron Iago, Zeus, Gonzalo, Raúl, Simón e Samuel. Seguimos coa baixa de Enzo por lesión.