LICEO LA PAZ 71-89 CB ARTEIXO DUACODE
18-17, 19-30, 15-22, 19-20
Empezou moi ben o partido para os nosos, con boas situacións no ataque e cos locais tardando en entrar no partido. Según ía pasando o tempo, os colexiais foron endurecendo a defensa e poñendo moitos atrancos no ataque dos nosos xogadores. Á vez, ían mellorando no ataque e acaban por diante ao final do cuarto.
No segundo cuarto vese un dominio do rebote visitante que provoca contínuos pases longos para acabar en canastras doadas que fan que o marcador se dispare para os nosos ata dez puntos ao descanso.
Á volta do descanso os nosos xogadores saen con pouca intensidade e perdemos varios balóns seguidos que provocan que os locais se acerquen un pouco. Despois de un tempo morto, volta a intensidade e a concentración para volver a dominar o xogo e o marcador.
No último período iguálase o xogo, pero a clasificación non se ve en perigo.