Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

VICTORIA NUN PARTIDO QUE FOI DE MÁIS A MENOS

Junior Masculino
4 Xuño 2018
VICTORIA NUN PARTIDO QUE FOI DE MÁIS A MENOS

TEBÓNS BC 52-55 CB ARTEIXO DUACODE

12-17, 11-7, 13-12, 16-19

Partido con moita igualdade no marcador e marcado polo acerto no triple dos locais (9 triplas) e os erros no tiro libre dos visitantes (9 anotados de 29 lanzados).

No primeiro cuarto o ritmo márcano os visitantes. Ben na defensa do bloqueo directo e pechando o rebote diante da maior altura dos xogadores locais. No ataque búscase o xogo rápido e a anotación é fluida.

No segundo cuarto mantense a mesma tónica, aínda que con menos acerto. Pero, na última parte do cuarto, os locais cambian a defensa e o ataque non é quen de adaptarse e a anotación baixa considerablemente.

Á volta do descanso xa todo transcorre igualado, tanto o xogo como o marcador. A defensa dos lanzamentos exteriores mellora, pero as segundas opcións pola perda do rebote defensivo levan a rematar empatados o cuarto.

No último período os ataques superan ás defensas e vese un xogo máis alegre por parte dos dous equipos. A anotación sube e o acerto na tripla volve a aparecer con 6 triplas totais (tres para cada equipo). E volta a aparecer a mala sorte para os nosos, nunha entrada a canastra Simón cae mal e ten que abandoar o partido cun esguince forte. Uns intres de despiste, pero os xogadores métense outra vez no partido e son quen de levarse o partido defendendo o último ataque local.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.